Chegou o primeiro temporal de outono

luns 24 outubro 2011

 Chegou o primeiro temporal de outono. O ceo escureceu, zoou o vento... e as nubes trouxeron auga. Falta facía!
Anda a rolar enormes temporais sobre a historia do mundo. E nós, pequenos expectadores, estamos a pensar nas angueiras cotiás, no horizonte inexorable do fin de mes: pagar a casa, mercar roupa e comida, pagar as clases que complementan o dereito básico ao estudo...
Agardamos que eses temporais traian algo de auga de gozo e de xustiza, no medio de tanta confusión.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado