Anda a mundar rápido o mundo

venres 21 outubro 2011

Na tarde de onte seica ETA anunciaba a fin do último conflito armado en Europa Occidental. E, no mesmo día, a xenreira da revolta libia asasinaba a Gaddafi, un rais autoritario, amigo dos principais líderes occidentais e tamén inspirador de actos terrorias e de revolucións na procura da liberdade.
Parece que a economía dos países avazados se esfarela ao mesmo ritmo en que se consolida a dos países emerxentes. E as seguridades que servían ata onte, en política, como en economía, xa non rezan. Mesmo semella que as únicas seguridades posibles son as identitarias. Alén da razón, as pertenzas...
Cómpre, daquela, pensar. E discutir o que se pensa. Niso andamos neste abrente incerto.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado